GRUPO CULTURAL
SENTIMENTALISMO
(Asociación sen ánimo de lucro)

INICIADOR FUNDADOR

Xesús Manuel Valcárcel, fundador do SENTIMENTALISMO, é catedrático de EEMM e foi profesor das universidades de Granada e de Santiago de Compostela.

Desempeñou diferentes responsabilidades técnicas na Administración educativa e, como activista cultural en España, Portugal, Arxentina, Uruguai, México, Suíza, etc., dirixiu relatorios, cursos e ciclos de conferencias.

Distinguido con importantes premios (Celso Emilio Ferreiro, por Emaín; Leliadoura, da Editorial Sotelo Branco, por Rosa clandestina; Esquío, por A porta de lume; Galicia de narrativa, por Contos Nocturnos; Nacional da Crítica Española, por O capitán Lobo Negro, etc.), Guimarães de Portugal, etc.

Poeta, ensaísta e novelista, mago do suspense e da profundidade psicolóxica, as súas obras constitúen, a dicir da Crítica, "un gran mosaico de thrillers cinematográficos, historias alucinantes terribles, delirantes, que parecen non ter sentido... pero téñeno".

O autor penetrou nos buratos máis fondos da alma humana para realizar, con finísimo humor, unha crónica da sociedade. O seu obxectivo foi entreter e divertir, mostrar o que non se ve, a realidade profunda da vida.

Misterio e paixón, imaxinación e sedución, intriga e dramatismo, personaxes que coñecemos aparecen retratados, as súas almas despregadas, en cada unha das súas obras.