GRUPO CULTURAL
SENTIMENTALISMO
(Asociación sen ánimo de lucro)

ORGANIZACIÓN

SENTIMENTALISMO comeza como un Movemento de Vangarda (literaria e artística).

Dáse a coñecer en 1995 coa publicación das Tres Obras Fundacionais:

Animal Sentimental
Dialéctica Sentimental e
Práctica Sentimental (Venta Online).

Una nueva concepción del ser humano
El centro del conflicto
La nueva vía del placer (Venta Online)

Desde 1995 desenvolvemos unha intensa actividade de difusión e promoción das nosas Propostas.

No 1996 aparece o primeiro Manifesto Sentimentalista, completado posteriormente polas obras

Rebelde Estilo Novo e
Claves do Rebelde Estilo Novo (Venta Online)

A través da Proxección Pública colaboraron e participaron nas nosas actividades múltiples artistas e persoas que publicaron libros, realizaron exposicións, conferencias, recitais, etc., para difundir o ideario filosófico, artístico e espiritual do SENTIMENTALISMO.

O Movemento (centrado no estudo e análise de emocións e sentimentos) expresa e constitúe un esforzo (un esforzo consciente, serio, organizado) para coñecer a realidade interior da persoa, o Auto-coñecemento, aplicando fórmulas novas, diferentes e orixinais.

SENTIMENTALISMO elaborou un discurso propio, exclusivo, diferente e diferenciado, a través das súas numerosas publicacións e iniciativas:

Agrupacións SENT
Causas SENT
Arte SENT
Literatura SENT
Aprendizaxe SENT, etc.